lunes, 4 de febrero de 2008

VALOR


Os nosos escritores conviven cunha sombra que sería suficiente para os desanimar definitivamente. Un novelista arxentino ou un poeta francés ou un ensaísta australiano teñen a seguridade de que os seus netos e os netos dos seus netos poderán ler as súas obras na lingua en que foron escritas. Non ocorre o mesmo cos escritores galegos: é probable que dentro de cincuenta ou cen anos xa non haxa galegofalantes. Toda a nosa literatura gardará repouso nas estanterías sen lectores que a gocen ou a maldigan. Será o tempo dos enterradores, dos licenciados en falas moribundas, da música en silencio. Por iso é merecente de aplauso o esforzo dese adolescente que esta noite, mentres todos dormen, escribirá versos de amor na lingua que morre.

Na foto, o mestre Fernández Paz, aínda fonte de auga viva, Deus queira que por moitos anos.

4 comentarios:

paideleo dijo...

Ao millor ten que estar o galego agónico para que se lle dea verdadeiro aprezo e que rexurda.

porto do mendo dijo...

Xurxo: Coido que te amosas demasiado pesimista. Eu, como xa veño advertindo nas miñas intervencios neste foro, so son un home de cencias con certas inquedanzas, polo que coscente da miña desautorizada opinión, vou pasar a espoñer determiñadas reflesions de cuxa consideración non cabe sinon apreciar que so as linguas que acadan masimo grado en dimensión, como o galego, vense caracterizadas pola existencia de determiñados vocablos cuxa siñificación resulta literalmente intraducible no ámeto de outros idiomas.

Refirome en concreto, anque probablemente os participantes neste foro podades estar en disposición de siñalar moitos mais exemplos, aos seguintes verbos que, salvo proceda advertir a miña ignorancia ao respeito, figuran de xeito uneco e esclusivo na nosa lingua, velahí:

XUDIAR: Facer xudiadas, que ven a siñificar amosar comportamentos pouco eticos. Omito todo comentario encol da sua procedencia por ser obvio.

GABACHEAR: ser gabacho, que coido ven a ser sinonimo de presumido ou prepotente, e a sua procedencia teña moito que ver sobre determinadas apreciacions observadas polos nosos antergos como xeito de comportamento en certa epoca pola banda dos habitantes dun pais veciño.

Unha variante deste verbo, de habitual utilización na zoa donde provimos Veloso e mais eu, e a espresión GAVARSE, que deriva do verbo Gavar, que coido ten moito que ver coa autocomplacencia.

Facedeme chegar si coincidides coa miña opinión ao respeito.

Asimesmo, aprecio da lectura de determinados comentarios que publicas nesta parte do foro, que profesas certa ademiración polo profesor Alonso Montero, circunstancia que impide remata-la miña reflexión sin antes aludir a seguinte anecdota:

Ala pola decada dos anos 70, o entonces profesor exercente en Lugo, converterase nun asiduo conferenciante encol da nosa cultura, na Compostela daqueles días, as cais eu procuraba asistir. Lembro que naquel enton, D. Xesus publicara un ensaio de tituo " informe - dramatico - sobre a lingua galega". Por moito que remexo na miña memoria, non achego a lembrar as conclusions que apuntaba nin se chegaron a cumprirse as predicions que ao respecto intuía, o unico que lembro con total precisión e que dito libro foi ouxeto dunha critica demoledora por parte dos Ferrins y Pacos Rodriguez de turno, que sostiñan posicions radicalmente enfrentadas a Xesus, as cais, a meu xuicio, lonxe de orixinarse motivadas en razon do fondo do asunto tratado de contido, a sua consideración entrevia tratarse dun posibel reproche ao autor, naquel enton militante no P.C.G., formación a que os seus detractores alcumaban de " españolista".

En tal caso, manifesto que eu tamen profeso un gran respeto e ademiración cara o vello profesor, polas seguintes razons:

Como consecuencia da asistencia a ditas conferencias, chegou as miñas mans a sua publicación " os cen mellores poemas da lingua galega", de cuxa lectura descobrin que amais de Mendiño, Rosalía, Curros e Pondal, que eran os unecos poetas galegos que naqueles intres limitabase o meu coñecemento, poiden constatar a esistencia doutros tan grandes como Manoel Antonio, Celso Emilio, Cabanillas ..., que permanecián soterrados por interesadas razons.

Todo isto me leva a retomar a lectura daquel informe dramatico, co gallo de constatar ata que punto as conclusions que apuntaba aquel ensaio poideran manterse vixentes ou non nos momentos actuais.

Así as cousas, non fica mais remedio que resistir e tratar de contruir na medida que permita cada unha das posicions nas que nos atopamos ...

Veloso dijo...

Oxalá sexa así, Paideleo.
Porto do Mendo, con respecto ao que dis, é curioso que tanto xudiar como gabachear teñan unha orixe xenofóbica. Os xudeus e os gabachos (os franceses) son vistos como inimigos; os primeiros como torturadores sen escrúpulos, os segundos como xente presumida e banal. Sobre a palabra "gabachear" (en efecto, para min específica dunha zona moi concreta do galego) debe ter a súa orixe na época da Guerra da Independencia, pero así como en castelán é un xeito hostil e despectivo de se referir aos franceses, en galego engade un matiz novidoso: sinala, tal como dis ti, o presuntuoso e prepotente, supoño que porque era así coma a xente da época vía o invasor. Preguntarei aos meus amigos filólogos (en exercicio) para saber se son palabras exclusivas da nosa lingua ou se teñen equivalente noutras.
Canto a Alonso Montero, é certo que sempre tivo que sobrelevar esa estraña acusación de "españolista", por parte de moitos que expiden e retiran carnés de galeguidade segundo lles pete.
Un saúdo moi cordial aos dous e beizón por manterdes o optimismo.

A Conxurada dijo...

Con tanto catastrofismo acabaremos na ditos profecía autocumprida.