martes, 29 de enero de 2008

ATENCIÓN


Somos pouco amigos de escoitar a voz dos mestres. E iso que temos o privilexio de que aínda podemos atopar pola rúa a Fernández del Riego, a Neira Vilas, a Ferrín... Eu confeso especial debilidade e admiración por Alonso Montero (na fotografía, sentado entre dous ilustres editores). Por iso traio aquí unhas palabras súas, dunha entrevista nun xornal:


P. Sobrevivirá o galego?
R. Se non se producen situacións sociolóxicas distintas das que hoxe gobernan o discurso intelectual, cultural e social, non sobrevivirá. Tampouco hai valentía para examinar onde está o problema. No ano 68, Méndez Ferrín, nun discurso dos Xogos Florais de Buenos Aires, dixo que se non cambiaban radicalmente determinadas circunstancias o galego tiña 25 anos de vida. E aquel era un galego sen escola, sen universidade, sen parlamento, sen televisión, sen radio, co que iso comporta de negativo para unha lingua que naquel momento non falaban as persoas de estatus urbano e universitario. Que pasa? Cal é o idioma habitual da clase social que viste mellor, que ten mellores coches, que ten maior renda per cápita, que manda os fillos de vacacións a Oxford? O castelán. É certo que por primeira vez en Galicia hai un arquitecto e a súa muller que agora están falando en galego cos seus fillos mentres ven a televisión. Iso non se daba hai 40 anos. Pero son 200 familias en Galicia, grosso modo.

1 comentario:

porto do mendo dijo...

Cicais proceda traer a colación ao presente efecto aquel relato que conservo na miña memoria, pro non consego lembrar quen foi o seu autor (¿ Castelao?):

Tratabase dun can que era toda unha figura do espectaculo no circo onde traballaba e, segundo os seus adestradores, casi rozaba a percepción human, en canto executaba co grado masimo de perfeción as tarefas funanbulistas, tiña un olfato tan desenrolado que atopaba nun tempo record todos aqueles ouxetos que se lle agachaban e, asimesmo, semellaba entender as instruccions verbais que os seus adestradores lle indicaban. Era todo un fenómeno animal.

Nembargante o noso persoeiro adolecia dun grave defeuto: Non sabía ladrar.

Así as cousas, aun valorando na sua medida a importancia de todas aquelas virtudes que o caracterizaban, dita circunstancia impedía que, ao xuicio de calquer ouservador ouxetivo, poidese ser considerado como autentico can.

Que cada quen saque as suas propias conclusions.