jueves, 21 de febrero de 2008

SENTIDIÑO

Estas imaxes non axudan á convivencia nin á lingua galega nin ao sentido común. Seguro que son bos rapaces, probablemente desorientados por algún exceso hormonal propio da idade. Pero o que conseguiron onte foi converter aos de Galicia Bilingüe (esa curiosa asociación que promove o monolingüismo) en vítimas, case en símbolos da loita pola liberdade.
Estou triste.

Pero non perdo o entusiasmo.

2 comentarios:

porto do mendo dijo...

Os habitantes deste pais, encadranse necesariamente dentro dalguna das seguintes clasificaciones que paso a enumerar:

1.-) En primero lugar estan os que entran dentro do grupo que atende a denominación de Galegos Renegados. Ditas persoas caracterizanse por amosar un total odio furibundo, a todo aquelo que atisbe unha mínima relación con Galicia, especialmente, o profundo rechazo que sinten polo noso idioma. O antecedente mais remoto que asoma a minha memoria e o fundador do PSOE, Pablo Iglesias. Dito suxeto era do Ferrol e seu nome orixinal era Paulino de la Iglesia. Naquel tempo, tanto o nome de Paulino como o apelido de la Iglesia, era moi común en Galicia, polo que coa intención de borrar todo posible antecedente que poidera delatar o seu orixe do que se avergoñaba, pasou a utilizar o de Pablo Iglesias.
Outro exemplo que cabe traer a colación e o da actriz Maria Casares, filla do politico republicano Casares Quiroga, que era galego, e unha vez rematada a guerra civil esiliouse en Paris e a sua filla adicouse ao teatro. Dita señora confesou nunha entrevista que a causa de non haber chegado mais lonxe na sua carreira era por culpa dos seus antecedentes galegos, dado que con motivo de non poder haberse librado do acento, tiña vergoña de verse na obriga de falar de xeito tan bruto. Actualmente os representantes mais autorizados deste grupo son Mariano Rajoy, ao cal nin xiquera Fraga logrou que pronunciase unha soia palabra en galego, e Paco Vazquez, o cal posue un deixe galego tan acentuado, que lle impide a calquer persoa allea a Galicia entender o seu castelan.

2.-) O segundo grupo integrase dos que se sinten galegos e queren a Galicia, pro non falan castelan con motivo de tratarse de persoas que se criaron nun ambito urban e o idioma resultalle alleo. Dentro deste grupo encontrarianse Valle Inclan, Cela, Torrente Ballester, etc. Normalmente, son boa xente, pero algun pensa que o sentimento galego e un estado de tipo bioloxico como o comer ou outro tipo de estado anímico que pode aparecer ou non.

3.-) O terceiro grupo esta integrado por xente galegofalante, que sinten o pais, non oustante teñen como costume habitual manter un constante enfrentamento entre os membros do seu propio grupo, ben por razons políticas, polo lugar de procedencia ou calisquer tipo de disquisición bizantina. Dentro desta clasificación distinguese un grupo radical que sente admiración por todo aquelo que teña relación con Portugal e mostran un odio furibundo polas persoas que entendan galicia doutro xeito, e sin dubidar das suas nobles intencions, tratase de xente moi sensible a ser manipulada e utilizada, en canto imputarlle a sua responsabilidade determiñadas falcatruadas perfectamente diseñadas en interese dos seus detractores. Neste grupo podemos atopar persoalidades varipintas.

4.-) Finalmente, esta o grupo dos hipocritas, os cais se caracterizan por defender o galego en pùblico e actuar de xeito totalmente contrario en privado, por que no fondo son tamen unhos renegados. A este grupo pertenecen xente do tipo Abel Caballero, Coriña Porro, etc.

Polo que, así as cousas, non queda mais remedio que resignarse ao que somos.

Veloso dijo...

A túa clasificación pode parecer moi tremendista, pero o triste é que non o é en absoluto. Eu engadiría un quinto grupo para os pasotas, os que se deixan levar, os que mudan da aldea á cidade e nin se decatan de que están a perder as súas raíces. E aínda un sexto grupo, onde estamos nós, os que seguimos na loita. Un cordial saúdo.