miércoles, 13 de febrero de 2008

CORDIALIDADE


Este é José María Pérez Álvarez, tamén coñecido como Chesi. É d´O Barco de Valdeorras, traballa en Facenda e gañou xa unha chea de premios literarios. Escribe en castelán e a súa próxima novela titúlase "La soledad de las vocales". Recoñezo que aínda non lin nada del, pero teño intención de facelo o antes posible. De momento, felicítoo moi calorosamente polos seus éxitos e agardo que todos, os de Laíño e mais os de Lestrove, os da proa e os da rella, nos fixemos nel unicamente pola calidade dos textos que publica.

3 comentarios:

porto do mendo dijo...

Eu tampouco o coñezo, pro vindo recomendado por unha opinión tan autorizada como é a tua, tratarei de botarlle unha ollada a sua obra, e, no seu día, procederei a espoñer os comentarios que ao meu xuicio poideran suscitarse, en cuxo caso agardo que no me impida ouservar a debida ouxetividade o feito de que o autor e mais eu exercemos profesions radicalmente enfrentadas, dado que a practica totalidade dos ingresos que percibo, proveñen de pleiterar coa Facenda Publica.

O comentario que fas encol da sua obra, fai asomar a miña memoria a seguinte anecdota:

En determiñada época da miña vida, tiven a sorte de que caisen nas miñas mans duas novelas de Torrente Ballester, unha era " La saga fuga de J.B.", e a outra " Los gozos y las sombras". O caso e que unha vez somerxin a sua leitura, chegou un intre que me fixo dubidar si o que estaba lendo estaba escribido en galego ou castelan, en canto cada vez que me atopaba concentrado na sua leitura, trasportame a un ambiente onde so era posible respirar Galicia.

Coido que tiven unha sensación semellante con algunha novela de Valle Inclan que non lembro, non así con Cela.

O que pretendo estraer de moralexa e que non é de xusticia tratar de ningunear aos que entenden Galicia deste xeito.

Ata outra...

Veloso dijo...

Totalmente de acordo. A min pasoume o que contas cun par de novelas de Cela, en concreto "Mazurca para dos muertos" e "Madera de boj". Ao final xa non sabía nin en que lingua estaba a ler.
Un saúdo.
Por certo, Porto do Mendo, dime se che chegou o exemplar de "Os ollos do rei de copas". Envieicho a semana pasada, así que supoño que, no caso de que aínda exista o servizo de correos, xa debe de estar no destino.

porto do mendo dijo...

Pois ainda non me chegou, o que me estraña, por que o servizo de correos funciona aceptablemente ben.

Mira se te quedache con algun xustificante de envio, e remitestmo ao numero de fax 986434924, para que eu poida reclamalo ou mira si non hai ningún erro no enderezo ( Apartado de Correos número 1914, 36201, Vigo, pra tratar de que mo devolvan, no caso de que poidera haber algun erro de transcripcion.

Unha aperta