miércoles, 9 de enero de 2008

FIRMEZA

Hai unha asociación, cada vez máis poderosa, que defende -con moi elegantes palabras e razoamentos- un modelo educativo no que non se garante a plena competencia lingüística dos rapaces de Galicia nos dous idiomas oficiais da nosa terra. Non creo que sexa bo entrar no seu xogo, pero tampouco me parece acertado actuar como se non existisen. Ata hai pouco tempo, o galego provocaba indiferenza en moita xente. A novidade é que agora, ademais, comeza a ter inimigos.
Pode ser un bo sinal, pero cómpre estar en garda. Non me refiro a convocar manifestacións nin recoller sinaturas nin moito menos insultar a ninguén. Refírome ao mellor xeito que temos de traballar pola lingua galega: empregándoa en todos os eidos da nosa vida, con total amabilidade, con absoluta firmeza.

5 comentarios:

Mer dijo...

podo dicir que "case" me enganan

vin un atractivo anuncio publicado na Voz de Galicia e pareceume boa iniciativa ata que visitei a súa páxina web

en fin...

non perdo máis as miñas fermosas palabras galegas falando deles

saúdos

A Conxurada dijo...

Estou dacordo contigo, pero debo de recoñecer que esta asociación dame medo, temo que colla forza.

Mr Tichborne dijo...

É unha asociación aberta ós falantes das dúas linguas: castelán e español :D

Máis perigosa me parece a idea subxacente desa badocada: a percepción dalgúns de que o galego é unha lingua "favorecida" polo(s) goberno(s) e a legalidade. A ignorancia é moi atrevida.

paideleo dijo...

Xa sabemos que non teñen razón pero haberá xente que dirá que si. E darán outro pau ao idioma galego como se non fosen poucos os que ten levado e leva. Xa se sabe: a can fraco todo son pulgas.
Estaremos condearnos a extinguirnos pero farémolo pola porta grande, cantando ( eu non, claro ), escribindo, falando e rindo.

manueldetopete dijo...

o preocupante non é a asociación, o que ten que dar medo é quen está detrás; movementos de ultradereita, e o peor é quen os financian, darlle credibilidade a estas trapalladas é absurdo. a lingua ten forza por si non precisa nin defensores nin detractores... vivirá mentres vivamos coma galegos