martes, 22 de enero de 2008

PACIENCIA


Aos que medramos na música do galego vivo -supoño que cada vez somos menos-, cómprenos bo humor e ánimo positivo cos neofalantes, é dicir, con esa xente que tomou libremente a decisión de falar na nosa lingua. Xa sabemos que algúns deles empregan o idioma de xeito trapalleiro e que moitos semellan ter dificultades para o avance máis mínimo. Aínda así, deámoslles agarimo e fagamos aquilo tan misericordioso de "aprender ao que non sabe". Na foto, Carme Adán, neofalante con serios problemas gramaticais, e Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística.

3 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

Eu, como neofalante profesional (de galego e agora de alemán), agradezo moito esa paciencia e tamén que se me corrixa, dentro da educación e non na pedantería. Hai xente para todo, mais xa desanima dabondo empezar a falar galego nun ambiente castelanófono para que por riba os propios galegofalantes se alporicen cos teus erros ou rían de ti.

X dijo...

Sempre ánimo e comprensión para os neofalantes anónimos, nos cargos públicos cómpre ter en conta tamén a representatividade e o compromiso.

Quixote dijo...

Alguns neofalantes fazemos anatomia comparadae, temos o arruallo de dicir que vemos claramente o carballo galego, sabemos cais palabras fazen parte do bugallo do Castrapo e cais as que os galegos rexeitan por lusófilas, non fazen parte dos diccionarios da Xunta nin dos reintegracionistas e atopámolas logo nunha escrita do mesmísimo Castelao. Miña lingua cotiá, o inglés australiano, recuperouse hai 500 anos dos Séculos Escuros da dominazon normanda, e non falamos inglés normativo nin reintegracionista, falámolo de xeito completo, do xeito en que vostedes, a mocidade na Galiza se comprometan depende se acabaran falando um Galego Completo ou as frangullas dele. Ridiche Cabrón que mexan por tí e tes que dicir que chove.