miércoles, 5 de diciembre de 2007

PROPOÑO


Non son optimista. Creo que a lingua galega camiña de xeito irremediable cara á súa desaparición. Morremos, de acordo, pero algúns non estamos dispostos a agoniar en soidade. Por iso nace este blog, coa intención de que sirva de lugar de reflexión e debate. Agradezo críticas, azos, datos e, sobre todo, ideas. Está en xogo un dos nosos principais sinais de identidade. Aínda que a moitos tanto lles teña.

Benvidos.

5 comentarios:

Nemeth dijo...

non sexa tan pesimista!

dillo outro pesimista...

apertas
Nemeth

marga dijo...

<< O galego é a forma máis antiga das linguas neolatinas de Hespaña e a primeira que alcanzou un pleno desenrolo literario. >>
<< ¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? >>
«Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma. >>
«¿Quen pode, pois, salvar a Galiza? Galiza mesma >>

ALFONSO CASTELAO ••••••• 1886-1950

http://www.fillos.org/galicia/modules.php?op=
modload&name=News&file=article&sid=336

Pau dijo...

Agregoche ao meu blog a ver si serve de algue e visitarei o blog a ver como camiña.

A lareira de Santiso dijo...

Ola.
roubei o teu enderezo do blog do paideleo.
Voltarei con máis cousas. Paréceme unha excelente idea.
Sorte e os meus azos

Veloso dijo...

Graciñas a todos pola vosa axuda. Permítome un comentario sobre o que di Marga: lamentablemente, creo que é un argumento que xa non vale. Á xente de hoxe xa non lle importa o máis mínimo nin quen foi Castelao nin que dixo. E, sinceramente, tampouco creo que sexa positivo que para normalizar o galego teñamos que facer referencias negativas ao castelán. Ao contrario, iso promove máis inimizades que adhesións. Saúdos a todos.