martes, 18 de diciembre de 2007

CAPITAL


Este home da foto podería facer máis pola lingua que todos nós xuntos. Un dos problemas do galego é que acadou espazos de uso que a case ninguén lle importan. Está moi ben iso de que sexa o idioma da cultura, do compromiso ideolóxico, da creación literaria, das manifestacións... Pero é evidente que, gústenos ou non nos guste, o motor desta sociedade nosa é o diñeiro. Se houbese uns cantos millonarios que empregasen o galego con normalidade e reclamasen dos seus empregados pleno dominio da lingua propia de Galicia, non sería preciso nin que existise a Mesa. O malo é que D. Amancio, con tantos cartos como ten, non se dá decidido. Se cadra é cuestión de falar con el, así que, se alguén o coñece, que non deixe de tentalo.

4 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

Ainda lembro cando abriu o "Zara Home" (en inglés, fogar) e todos entraron pensando que era un Zara de roupa de cabaleiro... Pouco hai de galego e moito de multinacional (no peor dos sentidos) en Inditex.

Veloso dijo...

Eu xa entrei unha vez no Zara Home da rúa do Príncipe dicindo que quería un pantalón. As rapazas, coitadas, saíron comigo ata a porta para me explicar onde estaba o auténtico Zara de cabaleiros. Que país, por Deus.

Pau dijo...

O que acabas de escribir, xa o levaba eu dicindo moitos anos. Si o Amancio o Jove e tres ou catro máis

Mer dijo...

cando abriron Zara Home eu tamén pensei que era un Zara de homes, pero non tivemos a sorte de ver unha palabra nosa así de grande e luminosa

xa me gustaría ver un día nas etiquetas das mil bandeiriñas unha bandeiriña coa que me identifico máis