miércoles, 16 de abril de 2008

DISTANCIA


Unha cuestión ben sinxela: ao final, os que máis reclaman bilingüismo son os menos bilingües. Por iso non me fío desta señora, ex-conselleira de Turismo dun goberno presidido polo nacionalista Ardanza e agora presidenta dun partido que reclama, entre outras cousas, a derogación das leis de normalización lingüística.

4 comentarios:

porto do mendo dijo...

Determiñado tipo de xente optou no seu día agacharse baixo un disfraz " progresista" motivado por razons de tipo "snobista", e agora vese-lle o plumeiro.

Lorenzo G. dijo...

Se non fose polas súas intencións de facer do castelán a única lingua oficial de España, Rosa Díez pareceríame unha política aceptábel: é elocuente, agradábel, interesante.

Non dou entendido como unha vasca, que traballou en Luxemburgo (país que ten a sorte de contar con tres linguas oficiais: francés, alemán e luxemburgués), no Parlamento Europeu (unha institución con máis de vinte linguas oficiais), pode ter unha disposición negativa a que as linguas das comunidades autónomas estean en pé de igualdade co castelán.

Mais precisamente gracias a iso o seu partido está gañando moita popularidade en Galicia, en especial entre os simpatizantes de asociacións de extrema direita como Galicia Bilingüe.

David Alonso dijo...

A mi no me parece tan ilógico que el Español sea la única lengua ofical en todo el territorio, amén de que en cada comunidad sea cooficial con la lengua vernácula. No lo veo tanta locura. De hecho, hoy la unica lengua oficial en TODO el territorio es el Castellano´.

A lareira de Santiso dijo...

Que medo me dá esta muller...