jueves, 13 de marzo de 2008

FESTAS


Sempre fun amigo de verbenas. E sempre fiquei abraiado perante a espectacularidade e a brillantez das nosas orquestras. Sei que xa hai moitas que empregan o galego na súa comunicación co público e inclúen no seu repertorio numerosas pezas propias do país. Alégrome e anímoas a que secunden a iniciativa do gran Xosé González, o sempre laborioso Pepiño de Redondela, e sigan a levar a cabo un proceso de galeguización que axudará a que as nosas festas sexan cada vez mellores. Bailemos merengue, pasodobre, cumbia, chachachá, bolero... e apoiemos aos nosos músicos, por suposto.

Na foto, a mítica París de Noia.

2 comentarios:

porto do mendo dijo...

Anecdota n.º X:

Atopome en Fisterra. Sinto determinada necesidade de tipo bioloxico, polo que me dirixo a un bar e pido " unha cervexa estrela". A camareira, respostame en idioma Pacovazquian " solo tenemos cerveza marca estrella de galicia". Pois valeme. Os unecos clientes que estan presentes no bar somos a miña parella e mais eu. Forzamos determinada conversación co gallo de outer a información da zona que nos interesa, dirixindonos sempre en galego. Non foi posible lograr que pronunciara unha soia frase en galego, a pesar de que o seu marcado acento delataba cal era o idioma no que se espresaba de xeito habitual.

x+1:

Chegou a hora de xantar e elixo a un restaurante ao azar. Dado que a camareira comproba que eu e maila miña parella falamos en galego,dirixese a nos nesta lingua, que fala cun marcado acento extranxeiro que, a primeira vista, semellaba ser brasileiro. Forzo conversación e atrevome a perguntarlle si é de orixe brasileiro, e me sorprende a sua resposta: Non señor, sonlle marroqui. Hay 5 anos casei cun mariñeiro desta zona e establecemos aquí. Eu falaba algo de castelan, pero como a maioria da xente que habita esta zoa somentes fala galego, optei por aprendelo.

x+2:

Colleme a noite nas Pontes de García Rodriguez, e contrato habitación nun hotel. Antes de deitarme, decido cear no seu restaurante, cuxos clientes eran maioritariamentes de nacionalidade alema, inglesa e polaca. Tratabase de determiñados directivo destinados na factoría de Endesa que se aloxaban no mesmo. Atende un maitre que semella desembolverse con total soltura nos distintos idiomas. Chega a hora do noso turno e nos diriximos o mesmo en galego, sendo respostados en todo momento en idioma pacovazquiano, non conseguindo lograr que aquel remilgado ferrolan pronunciara unha mínima frase en lingua vernacula.

Así nos vai, que lle vamos a facer

Veloso dijo...

Habería que dedicarlle unha monografía enteira aos camareiros. Aínda lembro aquel de certo bar de Santiago que servía "vinos del Ribero". Un saúdo.