Antes de que os desconfiados boten a man ao queixo e principien unha longuísima consoante nasal, aclararei que nin coñezo persoalmente a Séchu Sende nin nunca antes lera nada del nin lle debo nin me debe favores de ningún tipo. Digo isto porque son consciente de que somos catro e ao final todo se sabe, e dígoo, sobre todo, porque me gustou moito Made in Galiza e quería deixar constancia do meu entusiasmo sen erguer sospeitas. Non teño a menor intención de me meter a crítico (nin me gusta nin sirvo), pero quero opinar, como simplísimo lector, que me abraiou o xeito lúcido, sereno e divertido que ten Sende de se enfrontar aos asuntos da lingua. Debería ser lectura obrigatoria para os dubidantes e, máis que nada, para os intransixentes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Pois non sei se coñeces o seu blogo que non ten desperdicio.
http://www.blogoteca.com/madeingaliza/
Pois non sabía, Paideleo. Graciñas pola información. Agora mesmo entro.
A mín tamén gustoume moito este libro, que xa vai pola cuarta edición. Lin hai ben pouco Orixe e encantoume tamén, recoméndocho, pero sabendo que é totalmente distinto.
Tamén eu penso que este libro debería ser lectura obrigatoria para moitos.
Saúdos.
Publicar un comentario