O seu famoso manuscrito de dimisión estaba en galego. A esquela do xornal que pagou a súa familia tamén. Non sería xusto non recoñecer o compromiso que este home tivo coa súa lingua materna. Por iso me sorprende que o blogomillo, sempre disposto a gabar os méritos dos que confunden "e" con "i" e "te" con "che", garde silencio agora que finou Xosé Cuíña. Con el vaise alguén que demostrou con feitos que o idioma e a ideoloxía non son a mesma cousa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A lingua está á marxe de calquera ideoloxía, ou debería estalo.
Publicar un comentario