Daquela historia dos Aduaneiros e Yolanda, tirei unha única e triste conclusión: o famoso correo electrónico que enviou o avogado Carvajal de la Torre aos autores da web estaba en castelán. Xa sei que estamos nun país libre e todo iso, pero se eu falo galego e preciso un avogado e pretendo demandar a quen me ofendeu, un dos requisitos innegociables sería que os documentos que tivese redactar aquel ao que vou pagar uns honorarios estivesen na lingua que eu lle indicase. Porque o galego non serve só para os versos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
La pela es la pela.
O cal me fai confirmarme máis no meu pensamento de que esta tal señorita Castaño é todo fachada
Publicar un comentario